domingo, 19 de xaneiro de 2025

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

O venres 17 de xaneiro, veu á biblioteca Mar, a mamá de Mariña e Minia. Mar foi antigua alumna do Celso Emilio e achegouse a contar dous contos a infantil e primeiro ciclo de primaria. 

Mar escribiu fermosas palabras no libro de visitas da Bibliosilva.  Estamos moi agradecidos e orgullosos coa participación das familias nestas sesións de contar contos. Son moi motivadoras para o alumnado e axudan a tecer comunidade educativa.

Mil gracias a todos os que xa viñeron e aos que aínda están por vir.

                

sábado, 11 de xaneiro de 2025

 eduCANdo con Malibú

Onte recibimos na biblioteca  a Verónica  da Casa Grande de Xanceda. Trouxo con ela a Malibú, un canciño abandonado, que adoptaron e que vive na Casa Grande.