sábado, 29 de novembro de 2025

 PALABRA DO ANO 2025

Atendendo á petición da RAG  e a Fundación Barrié, a rapazada  de 6º de infantil (coa axuda das súas familias) púxose "mans á palabra" para participar na elección da PALABRA DO ANO 2025. A do ano pasado foi CANTAREIRAS e menudas alegrías nos dou a toda a comunidade educativa do Celso Emilio Ferreiro.

A ver se este ano sae algunha das palabras propostas por estas alumnas.                    

                 

domingo, 23 de novembro de 2025

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Mar, a nai de Mariña e Minia foi a primeira en participar na actividade "As familias contan moito". Estivo na Bibliosilva para contarnos tres contos. Cando marchou, deixounos de agasallo un dos libros que contou. 

Quedamos moi agradecidos por poder engadir ao fondo da nosa biblioteca  un libro que non tiñamos.

             

CADERNO VIAXEIRO
LARA, HUGO, SOFÍA
6º INFANTIL


             

CADERNO VIAXEIRO
ARTAI, MATEO, SOFÍA
2º PRIMARIA

              

CADERNO VIAXEIRO
AINARA 
3º PRIMARIA

             

domingo, 16 de novembro de 2025

 MIGALLAS TEATRO

O curso pasado o noso cole foi o gañador do Concurso de Carteis das Letras Galegas. 

O premio que nos deron foi económico. Empregamos unha parte dos cartiños  en contratar a Migallas Teatro. Carlos e María viñeron ao cole co seu espectáculo: Brincadeiras da Lingua. 

Pasámolo moi ben con  estes fantásticos artistas. 


Ao rematar a actuación de Migallas, fixemos entrega dos agasallos aos finalistas e gañador do II Concurso de Logos do PDI.

Foron finalistas Ezequiel de 6º de primaria e Julen de 4º de infantil (Julen non quixo saír na foto e recolleu o  agasallo Brais, o seu profe)

O gañador do concurso foi Dimas de 6º de primaria.



Aquí temos a Julen o outro finalista. Ao final animouse e deixouse fotografar co seu logo.






domingo, 9 de novembro de 2025

 BIBLIOTECA HUMANA

XOSÉ RIVERA

FOTÓGRAFO

A de fotógrafo é unha profesión que está moi relacionada co cine. Como estamos moi interesados en coñecer cousas sobre esa temática, recibimos na Bibliosilva ao fotógrafo Xosé Rivera. O primeiro vídeo é un resumo do día que nos acompañou, día no que nos fotografou no patio cunha lata de galletas.

O segundo vídeo elaborado por Xosé Rivera, titúlase "Historia da fotografía" . É super interesante.



MOCHILA  VIAXEIRA
3º PRIMARIA
BLANCA

xoves, 6 de novembro de 2025

 II CONCURSO DE LOGOS DO PDI

Este curso o PDI vai de cine, co título: Luces, cámara, emoción. Este título é o que debían incluír os participantes no II Concurso de Logos do PDI. O xurado tíñao difícil: escoller entre 53 logos achegados poLa rapazada do cole.  Pasou algo moi curioso en primaria: en 4º  participou todo o alumnado e en 5º solo se atreveu unha nena. 

O logo gañador foi o de Dimas, de 6º de primaria, que recibirá en breve os seus agasallos. Os logos de Julen de 4º de infantil e o de Ezequiel de 6º de primaria, tamén recibirán outro. E todos os participantes levarán o seu correspondente diploma de agradecemento. 

Sodes uns verdadeiros artistas. Parabéns!!