luns, 9 de marzo de 2026

O DÍA DESPOIS DO 8M

Celebramos por todo o alto o Día Internacional da Muller de dous xeitos relacionadas co PDI  “luces, cámara, emoción”:

  • presentando a carteleira correspondente a unha data tan importante. A rapazada de 3º de primaria quere lembrar a importancia de tecer fíos de igualdade dende a infancia. Para iso inspiráronse para deseñar o cartel en Pippi Mediaslongas, unha nena valente, libre e independente que ensina que cada persoa pode ser quen queira ser. Porque educar na igualdade é aprender a respectarnos, coidarnos e camiñar xuntas e xuntos cara a un futuro máis xusto. A película leva por título: “Pippi a fía da forza”. Lembramos tamén as carteleiras presentada en xaneiro coincidindo co día da paz: “Peace forever” e a presentada en febreiro co gallo do día de Rosalía: ”Soños de primavera”.
  • escoitando con agarimo e interés a Raquel Queizás no seu espectáculo Cinema de Historias da man de Alice Guy a nai do cinema. 

                







venres, 20 de febreiro de 2026

 CARTAS DE AMOR E AMIZADE

Con motivo do día do amor e a amizade, toda a rapazada do cole escribiu fermosas cartas para compartir cos usuarios do Fogar Residencial de Cerceda. Puxeron todo o seu agarimo na tarefa. 

                


CADERNO VIAXEIRO
2º PRIMARIA
MIGUEL GUARDADO

              

domingo, 8 de febreiro de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Empezamos febreiro con outra sesión de "as familias contan moito". 

Nesta ocasión foi Tamara, a mamá de Celtia e Mael a encargada de "contar moito".

              

CADERNO VIAXEIRO
JULIA
3º PRIMARIA
             

domingo, 1 de febreiro de 2026

 XANEIRO NO CELSO EMILIO

Rematamos xaneiro, un mes no que traballamos, celebramos e disfrutamos. Podedes comprobalo no vídeo.                        

                    

xoves, 29 de xaneiro de 2026

LUCES, CÁMARA, EMOCIÓN NA HORA DE LER

LER  E VER: MATILDA

Matilda, do autor Roald Dahl, foi o libro que leu a rapazada de 4º de primaria  na Hora de Ler. 

Unha vez rematada  a lectura, visionaron a película dirixida por Danny DeVito.

A posteriori encheron unha ficha cos datos do libro e da película. 

Resultou unha hora de ler moi literaria e cinéfila.



luns, 19 de xaneiro de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Nova sesión de "as familias contan moito". Nesta ocasión recibimos a Rocío e a Javier, os pais de Paulo, Artai e Xián. Como montamos o estudo da radio na Bibliosilva, xuntámonos para escoitalos na Biblioentrada. 

                    

CADERNO VIAXEIRO
6º INFANTIL
VERA, NOA, CELTIA

                  

domingo, 11 de xaneiro de 2026

 CADERNO VIAXEIRO 

2º PRIMARIA

AZAHARA, ABEL, MATEO DÍAZ

 empezamos ano  e trimestre coas novas aportacións dos cadernos viaxeiros.