luns, 9 de marzo de 2026

O DÍA DESPOIS DO 8M

Celebramos por todo o alto o Día Internacional da Muller de dous xeitos relacionadas co PDI  “luces, cámara, emoción”:

  • presentando a carteleira correspondente a unha data tan importante. A rapazada de 3º de primaria quere lembrar a importancia de tecer fíos de igualdade dende a infancia. Para iso inspiráronse para deseñar o cartel en Pippi Mediaslongas, unha nena valente, libre e independente que ensina que cada persoa pode ser quen queira ser. Porque educar na igualdade é aprender a respectarnos, coidarnos e camiñar xuntas e xuntos cara a un futuro máis xusto. A película leva por título: “Pippi a fía da forza”. Lembramos tamén as carteleiras presentada en xaneiro coincidindo co día da paz: “Peace forever” e a presentada en febreiro co gallo do día de Rosalía: ”Soños de primavera”.
  • escoitando con agarimo e interés a Raquel Queizás no seu espectáculo Cinema de Historias da man de Alice Guy a nai do cinema.