GRAN FIN DE FESTA!
sábado, 28 de abril de 2012
martes, 24 de abril de 2012
Esta semana estámola adicando á celebración do Día do libro. Onte recibimos un agasallo de parte do Concello de Cerceda. Gustáronnos moitísimo os libros que nos regalaron!
Para continuar coa festa, hoxe expuxemos os contos da Carapuchiña e Mortadelo na praia, e entregamos un agasallo ós gañadores. Pero como todos o fixeron moi ben, non só houbo premio para os elexidos xa que todos recibiron unha lambetada. Gracias polo voso esforzo!
Para continuar coa festa, hoxe expuxemos os contos da Carapuchiña e Mortadelo na praia, e entregamos un agasallo ós gañadores. Pero como todos o fixeron moi ben, non só houbo premio para os elexidos xa que todos recibiron unha lambetada. Gracias polo voso esforzo!
domingo, 15 de abril de 2012
Unha das tarefas que plantexamos ós nosos alumnos para a celebración do día do libro, é a invención dun conto. Neste caso, os personaxes e mais o espacio xa llo demos nós: Carapuchiña e Mortadelo nunha praia. Eles terán que facer o resto.
Deixámoslles unha axuda para escribir este e outros contos
Tamén deixamos unha actividade moi divertida que lles axudará a escribir contos fabulosos
"TALLER DE LECTURA"
FONTES: Imaxes Google; www.educa.jcyl.es
Deixámoslles unha axuda para escribir este e outros contos
Tamén deixamos unha actividade moi divertida que lles axudará a escribir contos fabulosos
"TALLER DE LECTURA"
FONTES: Imaxes Google; www.educa.jcyl.es
martes, 3 de abril de 2012
O 23 de abril
celebraremos o “Día do Libro”. Estamos
preparando varios traballos que vos iremos amosando segundo se vaia achegando o
día.
Pero…Por que se elexiu
o 23 de abril? A orixe do Día do Libro procede da coincidencia do falecemento de escritores como Cervantes e Shakespeare. Tamén o 23 de abril naceron (ou morreron) outros escritores eminentes como Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta fecha foi escollida pola UNESCO para rendir unha homenaxe ó libro e ós seus autores, animando así á xente, especialmente ós máis novos, a descubrir o pracer pola lectura.
Nos tamén vos animamos a que pasedes pola biblioteca do cole e atopedes nos seus libros historias interesantes, coas que seguramente ides disfrutar moito.
xoves, 29 de marzo de 2012
luns, 19 de marzo de 2012
A NOSA BIBLIOTECA
A principios deste curso reinauguramos a nosa biblioteca. Fixemos debuxos con personaxes de contos que colgamos no teito e nas paredes, pintámola dunha cor moi alegre, puxemos normas novas redactadas en forma de poema e realizamos un contacontos, no que participaron un alumno de 6º, o noso profesor de Educación Física e o profesor de música, que tocaba a gaita.Paralelamente a esta inauguración, adornamos as portas das aulas con personaxes de contos.
Agora disfrutamos moito da biblioteca, na que podemos ler libros alucinantes e ver películas chulísimas.
Autores: Soraya, Tatiana, Martín, Marco, Thaïs e Brais- Alumnos de 4º
domingo, 18 de marzo de 2012
PARA SER PROFESORA HOXE
Ingredientes
- 2 Kg de paciencia
- 1000 toneladas de xogo
- 4000 kg de intelixencia
- 3 kg de diversión
- Un chisco de azucre moreno
- 1 tonelada de aventura
- Papel de aluminio
Para o adorno
12 Kg de patacas humorosas
6 alumnos listos
Salsa tranquilizante
1000 toneladas de cariño
Preparación
Envolvemos á profe en papel de aluminio e poñémola a ferver nunha pota con todos os ingredientes. Despois dunha hora teremos: unha profesora intelixente que nos ensinará moitas cousas. Terá moita paciencia, será moi divertida, faranos tartas polos nosos aniversarios e levaranos a moitas excursións.
Se queda moi picante e se enfada un pouco, botámoslle azucre para adozala.
Adornámola coas patacas de humor e 6 alumnos listos remollados en salsa tranquilizante. Bañamos todo con toneladas de cariño.
Variantes
FONTES UTILIZADAS:
- Autores da receita: Brais, Thaïs, Tatiana, Soraya, Marco e Martín- Alumnos de 4º
- Blogs: Educar es desarrollo- Periódico Edkt
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


