sábado, 23 de abril de 2016

FELIZ DÍA DO LIBRO!!







Adiantándonos un día, onte celebramos o Día do Libro, cunha xornada na que tivemos distintas actividades.



Para comezar, os alumnos de 6º deleitáronnos coa lectura duns fragmentos do "Quixote".

Ao remate da lectura, rematamos a "Árbore dos irmáns Grimm". Nela colgamos follas, nas que os alumnos escribiron títulos de contos dos Irmáns Grimm, e fixeron un debuxo da portada segundo o que os títulos lles suxerían. Tamén puxemos flores, nas que fixeron alusión ao conto que cada aula traballou ao longo do curso. Quedou unha árbore ben visotosa!




Coma outros anos, recibimos a visita de Begoña e Carmen, que en representación do Concello, agasalláronnos co mellor regalo que se poida facer: un libro! Moitas gracias un ano máis!!



E xa para rematar, tivemos a terceira sesión das lecturas apadriñadas. Unha magnífica experiencia para os nosos alumnos!



Gracias a todos pola vosa colaboración e traballo! Dende o equipo de Biblioteca desexamos que disfrutedes moito deste día e non olvidedes que os libros encerran grandes tesouros. E como dicía Cervantes:
" O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"


martes, 5 de abril de 2016

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Os pequerrechos de 5 anos fixeron unha fantástica interpretación do conto "Carapuchiña vermella" . Deixámosvos aquí o conto cos debuxos de algún dos alumnos, que ilustran o mesmo anaco da historia.
Ademáis, os nenos de 5 anos contáronlle o conto aos de 3 e 4 anos, que quedaron encantados coas lecturas dos seus compañeiros. Estes nenos valen moito!






venres, 19 de febreiro de 2016

LECTURAS APADRIÑADAS

Onte celebramos a segunda sesión das lecturas apadriñadas. Novamente os máis pequenos moi contentos coa lectura dos maiores.




domingo, 14 de febreiro de 2016

CONTOS DE ENTROIDO

Xa temos os videos de Entroido! Este ano, aproveitando o proxecto de biblioteca, disfrazámosnos de personaxes de contos dos Irmáns Grim. Ademáis cada clase fixo a súa interpretación do conto ( canción, resumo...). Nestes videos podedes ver a actuación de cada clase.



Ademais, o noso mestre de cerimonias, o profe Pepe, obsequiounos entre actuación e actuación cunha fantástica interpretación do conto "Juan sin miedo".


sábado, 30 de xaneiro de 2016

COMEZAMOS!!!

Acabamos de rematar co día da Paz e temos que empezar a pensar no Entroido. Dende a biblioteca animamos a seguir lendo, e para comezar, vamos ler un poema de Entroido, onde os nosos rapaces teñen que buscar as comandas para a semana da celebración. Por se alguén se olvida, aquí o deixamos.



mércores, 27 de xaneiro de 2016

MÁIS ACTIVIDADES SOBRE A PAZ!

"La vuelta al mundo en 4 historias", de Cruz Vermella, presenta catro historias con personaxes de distintas procedencias, que se atopan en España estudiando no mesmo instituto. Despois de que cada un conte a súa historia, preséntanse xogos. Estas historias fannos ver a necesidade da convivencia e a importancia da diversidade cultural.
Preme na imaxe e poderás comezar.


DÍA DA PAZ

Comezamos coa celebración do Día da Paz. Na entrada do cole puxemos a exposición temporal de libros, para que os rapaces poidan ler nos recreos. Tamén estamos a facer unha recollida de alimentos pola paz, que rematará o venres e que será doada a Cáritas.



Deixámosvos un xogo para ir entrando en materia (preme na imaxe)





martes, 15 de decembro de 2015

CARTEIRO REAL

Esta mañá tivemos a visita do Carteiro Real. Que ilusión!
Aquí tedes unha mostra das cartas que os nosos alumnos de 1º escribiron con tanto cariño. Tan pequeniños e xa escriben xenial! Quedáronlles preciosas!