luns, 13 de marzo de 2017

AS SETE MARABILLAS

Despois do traballo de investigación que realizaron os nosos alumnos, aquí temos o resultado: un mapa onde podemos visualizar a localización de cada unha e aprender sobre a marabilla e o país no que está situada.


Agora só nos queda facer unha cousa: IR VISITALAS!!!!

xoves, 2 de marzo de 2017

CONTACONTOS

Hoxe recibimos a visita de Paco Nogueiras, que nos presentou uns contos fantásticos e super entretidos. Pasámolo xenial!!!




venres, 27 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ




Para comezar coa celebración do Día da Paz, xa temos preparados os libros para que os nosos alumnos os poidan disfrutar. Colocamos un expositor na entrada do colexio, e alí poden aproveitar estes días de frío para ler nos recreos. 

domingo, 25 de decembro de 2016

luns, 7 de novembro de 2016

DECORACIÓN DE PORTAS

Despois dunha primeira introdución ás Sete Marabillas, cada clase decorou a porta da súa aula con aspectos referentes ás mesmas ou ao país no que están situadas. Seguiremos afondando no coñecemento destas fantásticas Marabillas!

Este foi o resultado!

luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Que mellor día que hoxe, que celebramos o Día da Biblioteca Escolar, para gozar dunha boa lectura. E se ademáis son os nosos compañeiros os que len, mellor que mellor! Así pois, aproveitando esta conmemoración hoxe retomamos as LECTURAS APADRIÑADAS, nas que como xa fixemos outros anos, os maiores lenlle aos máis pequenos, que quedaron encantados de escoitar tan fermosos contos.

Premendo na imaxe podedes ver as fotos.

mércores, 5 de outubro de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

En breve poremos en marcha as "Mochilas Viaxieras" deste ano, que integramos dentro do Proxecto Lector.
O seu principal obxectivo é fomentar o hábito lector e  o pracer pola lectura, compartindo momentos gratos entre os membros da familia.
É importante que a familia pase un rato arredor dela e que se coide o seu contido.
A lectura está destinada a afinar a sensibilidade e a estimular a imaxinación, a mellorar a expresión, o vocabulario... Pero todo isto só se consigue se as prácticas de ver, ler, mirar e escoitar se realizan moitas veces, con moita constancia.
Así, queremos invitarvos a que vos reunades cos nenos e nenas e arredor da mochila, a abrades e compartades os seus contidos.
Agradecemos que devolvades a mochila no prazo establecido para que a poidamos facer chegar a outra familia.
Antes de devolvela agradeceremos que escribades, xunto cos nenos, unhas liñas no caderno que vai na mochila, por exemplo: qué vos pareceu  o contido da mochila, qué vos gustou máis, se vos gusta a idea de mochila, un debuxo feito polo neno sobre algún conto que vai nela, ou incluso algunha cantiga, conto, refrán, lenda, adiviña para que a resolva a seguinte familia...

Moita gracias pola vosa colaboración.

QUE DISFRUTEDES EN FAMILIA!

luns, 19 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016-2017

Xa na segunda semana deste curso, douvos a benvida de novo. Estou moi contento de volver a vervos e espero que un ano máis disfrutedes dos marabillosos libros da Biblioteca e de tódalas actividades que iremos facendo.


Para irvos adiantando, este ano adentrarémonos nas fascinantes "7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO". Coñeceremos cáles son, pero tamén moitos aspectos relacionados con elas ( cultura, países...). 

Como outros anos, cada aula profundizará no coñecemento de unha marabilla. O reparto foi o seguinte:
Educación Infantil- Gran Muralla China-China
1º Curso- Chichén Itzá-México
2º Curso- Machu Picchu- Perú (Cuzco)
3º Curso- Coliseo- Italia (Roma)
4º Curso- Taj Mahal- India (Agra)
5º Curso- Petra- Jordania
6º Curso- Cristo Redentor- Brasil (Río de Janeiro)

Seguro que ao rematar o curso todos teremos ganas de visitalas.

Ánimo e a disfrutar!!!!


domingo, 19 de xuño de 2016

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Para rematar co libro viaxeiro, os alumnos de Educación Infantil de 5 anos contáronnos marabillosamente a súa versión de Carapuchiña Vermella. Grandes contacontos!!!

O LOBO E OS SETE CABUXOS

Estes cabuxos convertíronse nuns músicos fantásticos!!! Así nolo contan os alumnos de 6º.