venres, 27 de abril de 2018

CARAPUCHIÑA VERMELLA...OU ERA DE OUTRA COR??

Como tiñamos prometido, aínda quedaban actividades para celebrar o Día do Libro. Os mestres Pepe e Agustín, e Brais de 4º curso, deleitáronnos co conto " Confundindo Historias". Foi super divertido e encantounos! Non podía haber mellor final para unha gran celebración!


luns, 23 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO

Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO coas terceiras lecturas apadriñadas. Podedes ver as fotos no seguinte ENLACE

Recibimos a visita da Concelleira, que lle entregou aos alumnos un libro como agasallo. Moitas gracias!!

Ademáis, elaboramos un mural co lema "Groliños de lectura", no que cada alumno colocou nun vasiño unha poesía, adiviña, anécdota curiosa, fragmento de libro...para que os demáis puideran disfrutar do seu pequeno momento de lectura.



Continuaremos ao longo desta semana con máis sorpresas. Permanecede atentos!!

luns, 12 de marzo de 2018

DIA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA- 6º CURSO PRIMARIA

Con motivo da conmemoración do Día da Muller (8 de marzo) e ao mesmo tempo da Semana da Prensa na escola (do 5 ao 9 de marzo) o alumnado de 6º estivemos a realizar diversas actividades relacionas coas dúas temáticas partindo da análise de xornais tanto en soporte papel como dixital.

Para comezar, observamos exemplos de textos periodísticos de interese e tratamos de identificar cales eran noticias, cales artigos de opinión e cales entrevistas, sinalando neles as características que os diferenciaban. 

Por outra banda, tomamos nota das distintas seccións que podemos atopar nun xornal e, finalmente, seleccionamos varias noticias e asociámolas coas materias incluídas no noso currículo.

En canto aos recortes que atopamos que se centraban na defensa dos dereitos das mulleres, chamaron especialmente a nosa atención:

a) Un artigo de opinión da coñecida por todos nós María Canosa, no que mostra fervorosamente como se sinte ante os actos de violencia machista e a reacción da sociedade fronte aos mesmos.
b) Sendas noticias  que lembraban, por unha banda, a labor feminista de Virginia Woolf e, por outra, a celebración dos 100 anos de igualdade no voto en Reino Unido.

c) Textos dixitais diversos nos que descubrimos que a igualdade en Galicia en materia educativa hai pouco que se acadou, mais a igualdade no ámbito laboral aínda está por chegar.

Este é o noso traballo:



venres, 16 de febreiro de 2018

DÍA DA AMIZADE

Onte celebramos o día da Amizade coas segundas lecturas apadriñadas deste curso.


Premendo neste ENLACE poderás ver as fotos.

Na entrada do cole temos unha exposición de libros de amizade e paz. Ademáis o máis pequenos do cole puxeron en botes palabras de amor e de amizade.


martes, 24 de outubro de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR



Hoxe foi un día de celebración! Nada máis e nada menos que o día da Biblioteca Escolar. E que mellor ocasión para realizar as primeiras lecturas apadriñadas!












mércores, 18 de outubro de 2017

INFANTIL E A PINTURA

Os nosos pequerrechos xa están inmersos nas Belas Artes. Están empezando a coñecer a grandes pintores e... ata se atreven a imitalos!!!
 A verdade é que Matisse pode estar ben orgulloso da reprodución dos seus cadros!!




Reprodución do Cadro Orixinal


Reprodución Libre



xoves, 28 de setembro de 2017

APORTACIÓN DE 1º CURSO

Os máis pequenos de Educación Primaria xa están comezando a coñecer as Belas Artes. Apórtannos a súa montaxe do mini-libro. Precioso!



xoves, 14 de setembro de 2017

FELIZ CURSO 2017-2018



Xa estamos de volta!


Empezamos o novo curso con moitas ganas, e esperamos que disfrutedes un ano máis coas marabillosas e emocionantes aventuras que atoparedes na nosa Biblioteca.

Xa temos o tema do Proxecto deste ano: As Belas Artes.




Ao longo deste primeiro trimestre iremos facendo en cada aula unha introdución ao proxecto e decoraremos as portas.

A distribución é a seguinte:

  • Educación Infantil: A Pintura
  • 1º Primaria: A Escultura
  • 2º Primaria: A Danza
  • 3º Primaria: A Arquitectura
  • 4º Primaria: A Literatura
  • 5º Primaria: A Música
  • 6º Primaria: O Cine

Premendo no seguinte ENLACE tedes un documento, que podedes descargar, para elaborar un mini-libro explicativo sobre as  Belas Artes.

Estade atentos ao Blog para ver tódalas actividades deste curso.

martes, 20 de xuño de 2017

TALLER DE CREACIÓN LITERARIA

Os alumnos de 5º e 6º curso fixeron unha magnífica aportación ao blog de biblioteca. Despois de realizar un taller de creación literaria, este foi o resultado de todo o aprendido. Aquí nolo amosan en formato libro.