Xa temos en marcha o noso proxecto deste ano: CONTOS DE CINE!
Polo nome xa podedes intuir que trata sobre contos que foron levados ao cine ou ao teatro.
Neste cartel podedes ver qué conto está asignado a cada clase.
Permanecede atentos ás actividades que iremos realizando.
mércores, 12 de setembro de 2018
martes, 4 de setembro de 2018
BENVIDOS AO CURSO 2018/2019
Xa queda menos! Despois dun merecido descanso estamos de volta con moitas ganas.
Esperámosvos na biblioteca con novas actividades.
Feliz curso a todos!
Esperámosvos na biblioteca con novas actividades.
Feliz curso a todos!
luns, 25 de xuño de 2018
FELIZ VERÁN!!!
Rematamos un novo curso! Esperámosvos o curso que ven con novas actividades e novos libros na nosa biblioteca.
Lembrade que non hai nada mellor que disfutar o verán cunha boa lectura nas vosas mans.
Lembrade que non hai nada mellor que disfutar o verán cunha boa lectura nas vosas mans.
FELICES VACACIÓNS!!
martes, 12 de xuño de 2018
AGASALLO POLA PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE "ROSALÍA VERSO A VERSO"- 6º CURSO
Con motivo da participación na actividade "Rosalía verso a verso", o alumnado de 6º de Primaria recibiu esta mañá un lote de libros, dous CDs e un DVD para o colexio.
Na entrega deste material estivo presente Irene, representante da Mancomunidade de Ordes; Francisco, Concelleiro de Cultura e Pablo, reporteiro gráfico.
Agradecemos moito este agasallo do que poderán gozar todos os nenos e nenas do centro.

domingo, 10 de xuño de 2018
OBRADOIRO DE TAUMATROPOS-6º DE PRIMARIA
Continuando con actividades enmarcadas no proxecto da Biblioteca, "Buluchi e as Belas Artes", os nenos e nenas de 6º quixeron organizar un "obradoiro de taumatropos" para presentar aos máis pequenos do colexio este xoguete óptico que, xunto co flipbook, o zoótropo e as sombras chinescas, é un dos precursores do cine.
Nesta ocasión, as imaxes que escollemos foron unha flor e unha abella, pois o alumnado de tres anos está a traballar con esta temática no seu proxecto de aula.
Se quedades con curiosidade por saber máis sobre todas estas técnicas para adentrarnos no mundo dos debuxos animados, estade moi atentos ao xornal escolar deste ano: alí publicaremos todas as claves!

domingo, 27 de maio de 2018
FINE ARTS
Os alumnos de 2º curso rematan o seu traballo sobre as Belas Artes coa elaboración dun Lapbook en inglés sobre as mesmas. A súa elaboración forma parte da sección bilingüe na que están a participar.
Nas seguintes fotos podedes ver o resultado.
Nas seguintes fotos podedes ver o resultado.
xoves, 17 de maio de 2018
LIBRO VIAXEIRO
Temos que agradecer unha vez máis,a colaboración de tódalas familias para a elaboración do libro viaxeiro deste curso. A temática do mesmo é, como non, as Belas Artes. Así, cada aula foi elaborando un conto que tiña como tema principal a Bela Arte que tiña asignada. O conto foi rotando por tódalas casas e entre todos escribiron unhas historias preciosas. Moitísimas gracias!!
Iremos poñendo os distintos contos para que todos os poidades disfrutar.
Comezamos cos contos de Infantil . Temática: A pintura. Os alumnos de Infantil partiron dun cadro, e a partir del inventaron unha historia.

Continuamos cos contos!! Os alumnos de Primaria recolleron os distintos contos que escribiron nun mesmo libro, coa mágnífica portada que elaborou o mestre Pepe:
As temáticas de cada conto son tamén as Belas Artes: 1º: escultura; 2º: danza; 3º: arquitectura; 4º: literatura; 5º: música; 6º: cine.
So recordar que para ler cada conto non tedes máis que poñelo en pantalla grande, e se non se ve ben, aínda podedes ir ampliando cada páxina. Esperamos que vos gusten!

domingo, 13 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Este ano o día das Letras Galegas estará adicado á escritora María Victoria Moreno.
Podedes coñecer datos da súa vida e obra, así como descargar distintas actividades premendo na súa imaxe.
Podedes coñecer datos da súa vida e obra, así como descargar distintas actividades premendo na súa imaxe.
Fonte: primaveradasletras.gal
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)