xoves, 31 de xaneiro de 2019

A FAMILIA DE IZAN E SALMA CONTA

 O venres pasado, Vanesa, a mamá de Izan e Salma utilizou unha forma de contar historias orixinaria dos templos budistas do Xapón: O kamishibai. Presentounos desta forma tan orixinal "Siete hormigas ciegas".

Gracias polo teu esforzo e por facernos pasar un momento tan agradable!



martes, 22 de xaneiro de 2019

SIGUEN VIAXANDO AS MOCHILAS!!!

Encántanos seguir recibindo traballiños sacados dos libros das mochilas viaxeiras. Esta vez foi Xavi de 1º curso, que fixo un gatiño precioso!!!



luns, 14 de xaneiro de 2019

MES DA PAZ

Xa podedes pasar pola biblioteca a ver e , sobre todo, a ler os libros da exposición coa temática deste mes: " A PAZ"


AS FAMILIAS DE DIMAS, CLARA E EZEQUIEL CONTAN

Magnífica sesión de contacontos coas mamás de Dimas, Clara e Ezequiel.
Deixámosvos o video para que comprobedes o entretido que estivo.
Moitas grazas polo voso esforzo e entusiasmo.
Encantounos!!!










xoves, 20 de decembro de 2018

COUSIÑAS DE PAPEL

As mochilas viaxeiras seguen a dar os seus froitos. Nesta ocasión Roi e Noa de primeiro curso fixeron dúas versións dunha manualidade do libro "Papel". Quedáronlles chulísimas!
 Grazas pola vosa aportación e entusiasmo!

mércores, 12 de decembro de 2018

A FAMILIA DE ANXO, KATIA E NOA CONTAN...

Esta semana tocounos... GARAVANCIÑO. Os nenos e nenas de Infantil e Primeiro poidemos disfrutar desta fantástica historia que tan ben nos contaron a  mamá e o papá de Anxo, Katia e Noa.
E ademais, ensináronnos a canción que máis lle gustaba a Garavanciño.







venres, 30 de novembro de 2018

EXPONADAL



Non deixedes de pasar pola biblioteca este Nadal. Xa temos a nova exposición de libros que poderedes disfrutar ao longo do mes de decembro.

A FAMILIA DE VALERIA CONTA

Esta semana tivemos dobre visita: Cristina e Sofía, a mamá e a irmá pequena de Valeria.
Cristina contounos "Burbullas", o conto preferido de Valeria. E sabedes por que é o que máis lle gusta? Pois porque llo regalaron os seus tíos de Suíza e ademais a protagonista do conto chámase tamén Valeria, e coma ela, ten unha tartaruga.



 Cristina e Sofía tamén trouxeron á súa tartaruga, que ten 12 anos! Poidemos verlle a cabeciña e as patas, e tocarlle un pouco a cuncha, pero con moito coidado, porque morde!
Moitas grazas por outra xornada fantástica!

luns, 26 de novembro de 2018

A FAMILIA DE MARIO CONTA

 Este venres os nosos pequenos volveron disfrutar dun fantástico contacontos. Esta vez da man da mamá de Mario. E ademais por partida dobre!
Moitas grazas pola túa visita e por facernos pasar un momento tan marabilloso e entretido!