luns, 28 de outubro de 2019

ESTES CONTOS ESTÁN DE MEDO ! ! !



Chegan o Samaín e o Halloween,  e con eles unha nova exposición cunha selección de libros fantásticos.

Non deixedes de collelos prestados e disfrutar destas arrepiantes aventuras e dalgún que outro xogo.







xoves, 24 de outubro de 2019

ADIVIÑAS SABOROSAS

O primeiro traballo do noso proxecto é un libro colaborativo de adiviñas sobre alimentos. Os nosos pequenos tiveron que espremer moito o miolo para poder dar coa solución.
Podedes ir á biblioteca a disfrutar del cando queirades!



CHEGOU O GRAN DÍA!

Continuamos coa celebración! Hoxe os alumnos de Infantil, primeiro e segundo de Primaria divertíronse moito con Trinke-Trinke





E como final de festa, descubrimos ao gañador do marcapáxinas: TELMO,  de 3 anos.



Recibiu como agasallo un fantástico libro de receitas para que poda cociñar coa súa familia.



mércores, 23 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Aínda que o día de celebración oficial é mañá, nós xa empezamos hoxe coa conmemoración do día das Bibliotecas Escolares. Os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria disfrutaron con Paula Carballeira dunha magnífica sesión de contos.



Mañá será o turno dos alumnos de Infantil, primeiro e segundo de primaria.

Tamén mañá saberemos quen é o gañador do concurso de marcapáxinas. Mentres, podedes ir elexindo o voso favorito. A ver se acertades co gañador!




mércores, 9 de outubro de 2019

NOVIDADES

Chegaron novos libros á Biblioteca! Non deixedes de pasar por alí!
Durante uns días viaxaron polas distintas aulas para que todos os alumnos os coñeceran.







Ademais, os alumnos de Infantil estrearon bolsa para levar os libros para a casa.
 Silviña xa viaxa con eles para poder disfrutar de fantásticas historias!



venres, 4 de outubro de 2019

CHEGOU O OUTONO Á BIBLIOTECA



Encántanos este mes, porque o 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Por iso, o día 23 recibiremos a visita de Paula Carballeira e o 24 a de Trinke Trinke. Traerannos dous espectáculos de contacontos!
Ademais o 24 saberemos o gañador ou gañadora do concurso de marca páxinas. Aínda tedes tempo de presentar o voso! Lembrade que a temática ten que ser AlimentArte.
De momento podedes ir visitar a Expoteca de Outono na entrada da biblioteca e ler os fantásticos libros que alí hai.



mércores, 25 de setembro de 2019

IMOS ALÁ !



Xa temos novo proxecto! "AlimentArte"

Estade atentos a tódalas novidades e actividades que imos realizar. 
De momento, podedes pasar pola primeira exposición de libros da biblioteca.






xoves, 12 de setembro de 2019

CURSO 2019-2020

BENVIDOS  ao novo curso! Xa estamos de volta e con moitas ganas de facer cousas novas. Así que permanecede atentos ao noso Blog, porque nos esperan moitas actividades.

mércores, 26 de xuño de 2019

FELICES VACACIÓNS!

Un ano máis rematamos o curso felices polo traballo e esforzo realizado por todos.
Como non podía ser menos, os axudantes da biblioteca recibiron o recoñecemento á súa grandísima colaboración.


Agardámosvos o curso que ven con novas sorpresas e ilusións.
Descansade moito, e acompañade ese descanso dunha boa lectura. Aquí vos deixamos unhas recomendacións.




BO VERÁN!


xoves, 13 de xuño de 2019

IMOS REMATANDO ! ! !

Non queda nada! A só uns días de rematar o curso, xa temos de volta os cadernos que foron ás casas nas mochilas viaxeiras. Neles, os alumnos, xunto coas súas familias, valoraron o contido das mochilas e algún ata fixo algunha manualidade, debuxo... dos libros que levaron.
Desexamos que todos disfrutaran moito con esta experiencia!




Rematamos tamén coas exposicións temporais da entrada da biblioteca. Nesta ocasión podedes atopar os libros que nos recomenda cada aula. Aproveitade para disfrutalos, aínda queda tempo.