Encántannos os unicornios, e esta historia que nos contou a mamá de Valeria fascinounos. Moitas gracias !!!
martes, 25 de febreiro de 2020
luns, 17 de febreiro de 2020
14 de febreiro- SAN VALENTÍN
O venres celebramos o día da Amizade e do Amor coa realización das lecturas apadriñadas.
Os alumnos maiores léronlles aos pequeños fermosos libros.
Tamén intercambiaron entre eles unhas preciosas tarxetas de amizade que previamente depositaron na caixa de correos da biblioteca e foron posteriormente seleccionadas polos responsables da mesma.
No seguinte ENLACE podedes ver máis fotos das lecturas.
Como fin de festa, asistimos na biblioteca a un concerto de mans de Xavi, ao que lle agradecemos moito que viñera ao noso cole a celebrar con nós un día no que festexamos algo tan importante como é a AMIZADE.
Foi fantástico!
xoves, 6 de febreiro de 2020
RECUNCHO AMOROSO
luns, 3 de febreiro de 2020
RECEITAS DE PAZ
Os nosos alumnos e alumnos elaboraron unhas saborosas receitas para conmemorar o Día da Paz.
Bo proveito! ! !
<
Bo proveito! ! !
<
venres, 31 de xaneiro de 2020
A FAMILIA DE ANTÓN CONTA
Sempre nos dá moita alegría recibir ás mamás e papás, pero estamos moi felices de recibir tamén ás avoas e avós.
Desta vez foi a avoa de Antón a que se animou a lernos un conto. Moitas gracias por visitarnos!
Esperamos que anime a outros avós e avoas a vir, non só a lernos un libro, tamén a contarnos fantásticas historias e experiencias de cando eles eran nenos.
Desta vez foi a avoa de Antón a que se animou a lernos un conto. Moitas gracias por visitarnos!
Esperamos que anime a outros avós e avoas a vir, non só a lernos un libro, tamén a contarnos fantásticas historias e experiencias de cando eles eran nenos.
luns, 13 de xaneiro de 2020
mércores, 8 de xaneiro de 2020
QUEN É QUEN ?
Partindo do proxecto AlimentArte, os alumnos e alumnas de 3 e 4 anos de Infantil elaboraron este fantástico libro para aprender a comer sano, coñecer o nome de froitas, o seu propio nome...
Quedoulles precioso !
Quedoulles precioso !
mércores, 18 de decembro de 2019
BO NADAL ! ! !
Rematamos o 1º Trimestre. Só nos queda agradecer o magnífico traballo realizado polos nosos alumnos, alumnas, mestres, mestras e demáis persoal do centro, a súa implicación nas tarefas propostas polo Equipo de Biblioteca, a axuda dos Colaboradores da Biblioteca e a visita dos pais e nais para contarnos fantásticos relatos. MOITAS GRAZAS!
Desexámosvos unhas FELICES FESTAS e, como non, deixámosvos unhas fantásticas recomendacións para este Nadal.
venres, 13 de decembro de 2019
EXPONADAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















