venres, 29 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS- 2º e 3º DE PRIMARIA

Para rematar co mes das Letras Galegas compartimos con vós o traballo feito polos alumnos de 2º e 3º de Primaria.

A partir dun anaco de conto  " As pitas baixo a choiva",de Ricardo Carvalho Calero, os nen@s de 2º fixeron a portada do libro, e os neno@s de 3º, despois de ler un anaco de "Agora" debuxaron a casa de Clara, a nena da historia.

Gracias polas vosas creacións!

UN AGASALLO DIFERENTE

Da editorial Kalandraka, compartimos "Un agasallo diferente" , narrado por Bea Campos.
Preme na portada.

Fonte: Kalandraka TV

xoves, 28 de maio de 2020

CARABUÑAS

A historia de hoxe, da autora Margarita del Mazo, está contado polos alumnos do CEIP Coirón Dena, de Meaño.

Fonte: Youtube-CEIP Coirón Dena

luns, 25 de maio de 2020

PALABRAS FERMOSAS

Que lingua tan bonita temos! Aquí queda reflexado coas fermosas  palabras que os nos@s alumn@s elexiron para conmemorar este mes das Letras Galegas.
Moitas grazas a tod@s os que participastes na creación deste video! Sodes fantásticos!

venres, 22 de maio de 2020

CONSELLOS DE RECICLAXE-SIMÓN PENA

E por ser venres, temos sesión musical . Simón Pena comparte con nós un magnífico Rap co que nos dá consellos de reciclaxe. Fantástico Simón!

YO VOY CONMIGO

Xa estamos outra vez na fin de semana. Aquí vos deixamos "Yo voy conmigo"un conto de Raquel Día Reguera,narrado por Rozalen.

Fonte: Youtube "La Caléndula"

xoves, 21 de maio de 2020

LOS TRES BANDIDOS

Disfrutade deste conto popular, é moi divertido!

Fonte: Youtube:cuentacuentos de Nieves Poudereux

mércores, 20 de maio de 2020

GUAPA

O conto de hoxe é unha preciosa historia que nos ensina que cada un é como é, e temos que estar orgullosos!

Fonte: CuentaCuentosCuenta-Youtube