martes, 15 de setembro de 2020

NON NOS OLVIDAMOS !

 Aínda que tivemos que facer a entrega por clases, non  esquecimos os agasallos do concurso do Mes do Libro. Aos alumn@s que xa abandonaron o cole, farémosllos chegar.

Unha vez máis, gracias por participar!



luns, 14 de setembro de 2020

IMOS ALÓ ! ! !

 Comezamos o novo curso dun xeito distinto ao que estabamos acostumados. De todas formas, ímonos adaptar á nova situación e seguro que buscamos a maneira de pasalo ben e de aprender moito e, sobre todo, de seguir a disfrutar de fantásticas e apaixoantes lecturas.

Permanecede atentos ao blog.

BENVIDOS AO CURSO 2020-2021

xoves, 18 de xuño de 2020

FELICES VACACIÓNS !

Rematamos un curso do máis singular.  Sabemos que non foi fácil traballar dende a casa. Por iso queremos agradecervos de maneira especial, a vosa participación en tódalas tarefas que vos temos proposto.
Agardamos que teñades disfrutado tanto coma nós. Vémonos en setembro con novas e interesantes actividades. 
Mentres, non olvidedes de disfrutar das vacacións, e como non, acompañádeas de boas lecturas.
Deixámosvos as nosas recomendacións. 
FELIZ VERÁN !



venres, 12 de xuño de 2020

O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL

Para rematar a semana temos outro libro da Editorial Kalandraka, narrado por "Gravata Torla".

Fonte: Youtube Gravata Torla

xoves, 11 de xuño de 2020

O PAI QUE SUBIU POLA PAREDE

Poderedes atopar esta historia no libro "29 historias disparatadas". de Kalandraka Fonte: Youtube Gravata Torla

mércores, 10 de xuño de 2020

CONTO CANTADO

Hoxe temos "O monstro da lavadora" ( A casa do Terror) de Xoán Curiel.

Fonte: Youtube Xoán Curiel

luns, 8 de xuño de 2020

LA CAJA DE LAS PALABRAS

Mar Benegas, autora do libro " La caja de palabras", fainos unha lectura do mesmo.

Fonte: Youtube Lóguez Ediciones

venres, 5 de xuño de 2020

AlimentArte- Infantil

A partir do conto " A tartaruga que quería durmir" e a canción do conto "O polo Pepe" , os alumnos  de Infantil elaboraron estas fermosas obras de AlimentArte. Preciosas! Moitas grazas por compartir con nós o voso traballo!





CONTOS E CANTOS

Chegando á fin de semana tocan hoxe dous contos: un contado e outro cantado. Esperamos que vos gusten!

Fonte: Youtube: kaitokid6- Musicreques

xoves, 4 de xuño de 2020

A PRINCESA E O CHÍCHARO

Novo contacontos do Club das Lerchiñas. Bea Campos cóntanos unha versión do clásico " A princesa e o chícharo".

Fonte: Youtube. O Club das Lerchiñas. Cidade da Cultura