sábado, 30 de xaneiro de 2021
mércores, 27 de xaneiro de 2021
PLANTACIÓN 3º-4º
@s alumn@s de 3º e 4º fixeron de agricultores. Xa teñen unha plantación de tomates! Agardamos que medren ben e a ver se nos dan a proba...!
MOCHILA VIAXEIRA-CLARA
Clara de 1º Curso envíanos comentarios da mochila viaxeira, acompañados duns fermosos debuxos.
Tamén visitou Santiago, e como estamos facendo o proxecto do Camiño, quixo amosarnos a foto que fixo coa súa familia diante da Catedral. Moitas gracias!
venres, 22 de xaneiro de 2021
MOCHILA VIAXEIRA-2º CURSO
Mirade qué debuxos tan bonitos! Fixéronos @s alumn@s de 2º curso baseándose nos libros da súa mochila viaxeira, algún con rimas incluídas. Moitas gracias!
LEO
luns, 18 de xaneiro de 2021
MOCHILA VIAXEIRA- 3-4 ANOS INFANTIL
Os alum@s da aula de 3 e 4 anos de Infantil mándannos as súas impresións da mochila. Seguide a disfrutar cos libros! Estamos encantados de recibir os vosos traballiños. Gracias!
PEDRO
venres, 15 de xaneiro de 2021
MOCHILA VIAXEIRA- ANDREA
Andrea de 4º de Primaria trae de volta a mochila viaxeira e ademáis fainos unha recomendación dun dos libros, acompañada dun precioso debuxo. Moitas gracias polas túas aportacións!
luns, 11 de xaneiro de 2021
EXPO-PAZ
O mes de xaneiro é o mes adicado á Paz. Xa podedes disfrutar dos libros sobre esta temática que temos na nova exposición.
MOCHILA VIAXEIRA- NICO
Chegan as mochilas de volta do Nadal. Alégranos comprobar que seguides a disfrutar delas ata nas vacacións.
Nico fíxonos un cabaliño ben bonito! Moitas gracias !
martes, 22 de decembro de 2020
BO NADAL !
Rematamos un trimestre do máis atípico, pero que fomos sacando adiante coa colaboración de todos.
Só nos queda darvos as gracias pola vosa implicación nas actividades propostas e desexarvos que pasedes unhas moi Felices Festas, esperando que o 2021 nos vaia dando un respiro.
Deixámosvos unhas fantásticas recomendacións para seguir disfrutando da lectura este Nadal.
BO NADAL !
luns, 21 de decembro de 2020
PASAPALABRA POLO CAMIÑO
Que ben o pasaron @s alumn@s de 5º e 6º co pasapalabra sobre o Camiño de Santiago que preparou Sheila, a nosa alumna-profe de prácticas. E canto aprenderon! Moitas grazas Sheila pola túa colaboración e implicación!
































