venres, 23 de abril de 2021

DECÍMOSCHO NÓS!

 Hoxe, un día tan importante como é o DÍA DO LIBRO, os alumnos de 6º CURSO DE PRIMARIA recórdannos por qué LER é tan importante, emocionante, divertido, educativo...e moitas máis cousas. FACÉDELLES CASO!

Tamén temos para vós unha recompilación de recomendacións para tódalas idades. Entre tod@s @s alumn@s do cole elexiron os libros que máis lles gustaron para que vós tamén vos animedes a lelos.


E aínda nos queda unha sorpresiña máis: uns fantásticos contos elaborados por tod@s con aventuras do Camiño de Santiago. Irán pasando polas aulas para que poidades disfrutar deles.

FELIZ DÍA DO LIBRO! ! !

luns, 19 de abril de 2021

MOCHILA VIAXEIRA- 5º E 6º INFANTIL

 E por fin chegou o turno do Grupo Vermello! Canto disfrutaron coa súa mochila! 

Con este grupo remata a viaxe da Mochila Viaxeira na aula de 5º e 6º de Infantil.

Gracias polos vosos traballiños!

xoves, 8 de abril de 2021

EXPOABRIL

 O mes de abril adicámolo, como non pode ser doutro xeito, ao "DÍA DO LIBRO". Para comezar coa celebración dunha data tan especial, a exposición deste mes facémola con libros recén chegados á nosa biblioteca.

 Coidádeos moito e . . . a disfrutar coa lectura!



MOCHILA VIAXEIRA-NOA-1ºPRIMARIA

 Tamén na Semana Santa viaxou a Mochila polas casas.

 Que éxito ten en 1º Curso o libro de aprender a debuxar! Así nolo conta Noa. Moitas gracias!





xoves, 25 de marzo de 2021

REFRÁN DE MARZO- AULA DE 4 E 5 ANOS

 Para conmemorar este mes da poesía que xa estamos a rematar, os alumn@s de 4 e 5 anos fixeron un traballiño ben fermoso cun refrán adicado ao mes de marzo. 

Que preciosidade! 

Moitísimas gracias por compartilo con tod@s!

mércores, 24 de marzo de 2021

MOCHILA VIAXEIRA- EZEQUIEL-1º PRIMARIA

 A Ezequiel encántalle debuxar. Así o explicou el cando nos trouxo de volta a mochila viaxeira. Preciosos debuxos. Gracias!




mércores, 17 de marzo de 2021

luns, 15 de marzo de 2021

FABIÁN RECOMENDA. . .

 Gústanvos os animaliños? A FABIÁN encántanlle. Premede no seu nome e veredes a recomendación que nos fai. Moitas Gracias!

xoves, 11 de marzo de 2021

VALERIA RECOMENDA. . .

 Hoxe Valeria de 1º Curso volve a facernos unha recomendación. Desta vez vainos ler dous libros moi bonitos. Moitas gracias!

mércores, 10 de marzo de 2021

NOA RECOMENDA. . .

 Noa Costa de 2º Curso recoméndanos un libro moi bonito, e ademáis cóntanolo. Que fermoso!