Para rematar setembro e entrar co pé dereito no mes de outubro, que é o mes que adicamos ás bibliotecas (especialmente á nosa), presentamos:
- O título do proxecto sobre o que imos traballar este curso
Para rematar setembro e entrar co pé dereito no mes de outubro, que é o mes que adicamos ás bibliotecas (especialmente á nosa), presentamos:
- O título do proxecto sobre o que imos traballar este curso
Xa estamos de volta!
Agardámosvos na BiblioSilva con moitas novidades e aventuras por descubrir!
Despois dun ano difícil, estamos super contentos con poder ter rematado o curso satisfactoriamente e sen incidencias.
Dende o Equipo de Biblioteca queremos motrar o noso agradecemento a aquelas familias que colaboraron nas actividades propostas. E como non, @s nen@s que tanto traballaron e participaron nas actividades con toda a ilusión. Sodes uns campi@ns!
Só nos queda desexarvos que pasedes un FELIZ VERÁN e disfrutedes e descansedes moito, que ben merecido o tedes !
E non olvidedes : SE QUERES UNHA AVENTURA, LÁNZATE Á LECTURA !
Así que aquí vos deixamos unhas recomendacións para aventurarse nestas vacacións.
Vémonos en setembro con novos proxectos e novas ilusións. Ata a volta ! ! !
@s alumn@s de 4 e 5 anos de Infantil enviaron á redacción da revista uns fermosos debuxos, que saen publicados na edición de xuño.
Xa podedes pasar pola biblioteca a velos.
Preciosos !
Cantos animaliños nos amosa AINARA! Ollade a súa recomendación premendo no seu nome.
Moitas grazas pola túa aportación!
O Camiño vai chegando ao seu fin! O deste mes está adicado ás Letras Galegas.
Achégate á BiblioSilva a ollar os libros da nova exposición!
Xa vai quedando menos para que remate a viaxe da mochila viaxeira. Mentres tanto, Antón móstranos os preciosos debuxos que fixo seguindo as indicacións do libro de aprender a debuxar.
Moitas gracias! ! !
Hoxe, un día tan importante como é o DÍA DO LIBRO, os alumnos de 6º CURSO DE PRIMARIA recórdannos por qué LER é tan importante, emocionante, divertido, educativo...e moitas máis cousas. FACÉDELLES CASO!
Tamén temos para vós unha recompilación de recomendacións para tódalas idades. Entre tod@s @s alumn@s do cole elexiron os libros que máis lles gustaron para que vós tamén vos animedes a lelos.