martes, 17 de maio de 2022

ENTREGA DE AGASALLOS 

ÓS PARTICIPANTES 

NA  ACTIVIDADE FOTOGRÁFICA 

DO DÍA DO LIBRO







GRACIÑAS RAPAZADA, FAMILIAS, MESTR@S!!!

CON SEMELLANTE EXEMPLO, ESTAMOS SEGUROS DE QUE AS NOSAS LECTURAS CHEGARÁN MOI ,MOI LONXE...

martes, 10 de maio de 2022

MOCHILA VIAXEIRA-2º PRIMARIA

 E chegamos á fin desta viaxe! Despois de pasar pola casa de Renata, a mochila viaxeira vai regresar á BiblioSilva para descansar ata o próximo curso.

Como non, Renata é tamén moi larpeira e quíxonos deixar as imaxes das súas elaboracións. Como ela mesma di, parece que estaban DE RECHUPETE !!! Gracias!




luns, 25 de abril de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

 Marcapáxinas monstruosos dos alumnos de 2º  de Primaria. Para non perderse ningunha lectura interesante! 

mércores, 20 de abril de 2022

MOCHILA VIAXEIRA-2º PRIMARIA

 Chegando case ao final da viaxe da nosa mochila, seguimos a recibir as aportacións superapetitosas dos nosos pequenos. Asier fixo outra das receitas propostas nun dos libros e, novamente, ten unha pintaza!!!Mmmmmm!

Encántanos tamén o seu debuxo. Moitas gracias!!!




xoves, 31 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA-2º PRIMARIA

 Tal e como nos conta Valeria, encántanlle os animais. Por iso fixo un precioso gatiño con material de reciclaxe.

Pero...tamén é moi larpeira! E igual que aos seus compañeiros, apeteceulle facer unha deliciosa receita.

Graciñas pola túa aportación!