sábado, 22 de marzo de 2025

 DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O venres 21 de marzo celebramos o día da poesía con un obradoiro de cantigas. Alumnas e alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria participaron activamente na creación en grupo de cantigas que interpretaron  posteriormente.  

Parece que van polo camiño da regueifa. Aínda se  poden presentar a algún concurso. De seguro que gañan.

            

A rapazada de 5º/6º de infantil, primeiro e terceiro de primaria elaborou poemas dadaístas a partires de palabras recortadas  do xornal e ordeadas ao azar.










martes, 11 de marzo de 2025

 CONTOS CON CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN


Alumnas e alumnos  de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria disfrutaron cos contos, cantigas e trabalinguas que nos contou Celso.

Encantáronnos.







venres, 7 de marzo de 2025

martes, 25 de febreiro de 2025


 As ideas para o noso PDI non paran... 

A rapazada de 1º de primaria e a da aula mixta de 4º/5º de infantil puxeron os seus miolos en acción e presentan o proxecto ENCARARTE,  moi acaído para esta época do entroido. 

               

venres, 21 de febreiro de 2025

 ACOMPAÑAMENTOS LECTORES NA HONRA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o día de Rosalía por todo o alto, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria acompañaron ao alumnado de infantil, primeiro e   segundo  de primaria na lectura de poemas da escritora. Posteriormente os acompañados ilustraron os poemas. 

              

luns, 17 de febreiro de 2025

 CORREO URXENTE 

dende o cpi o cruce

Xa chegaron as cartas de amizade  do CPI O Cruce. Que ilusión recibilas, ler as fermosas palabras que nos escribiron e disfrutar cos marabillosos debuxos.



sábado, 15 de febreiro de 2025

QUERERSE BEN 

SEMANA DO 14 DE FEBREIRO

O venres 14 de febreiro foi un día de corazón:

A rapazada de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria disfrutou dunha sesión de contacontos co rato Fuco, da compañía Trinke Trinke.

         

O lobo Xamón
Os doce axudantes da biblioteca presentaron na aula mixta de 4º/5º de infantil, o conto " O lobo Xamón", deseñado, escrito e ilustrado por eles. Intelixencia Artística ao poder!!
Cartas de amor e de amizade


As respectivas titorías elaboraron cartas de amor e amizade para intercambiar co CPI O Cruce, o noso cole veciño. 
Deixámovos por aquí algúns exemplos:

- o proceso de creación das cartas do alumnado de 1º de primaria

           

- a carta das alumnas e alumnos da aula mixta de 5º/6º de infantil





- a carta de amor e amizade a xeito de poema, que pensaron en 6º de primaria



- as cartas da rapazada da  aula mixta de cuarto e quinto de infantil que escribiron para a profe Eugenia e o profe Álex das aulas de quinto e cuarto de infantil do CPI




- as cartas  para nos do alumnado de infantil e primaria do CPI O Cruce










luns, 10 de febreiro de 2025


FEBREIRO NA BIBLIOSILVA



Namórate dos libros é o lema da Bibliosilva para o mes de febreiro. Unha morea de libros con temática de amor e amizade agardannos na biblioteca.



De viaxe polas aulas anda  a nosa cesta cargadiña de novidades literarias:


Os voluntarios da biblioteca están en pleno proceso de creación dun libro sobre un lobo bo. O libro é un. agasallo para o alumnado de infantil.








domingo, 19 de xaneiro de 2025

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

O venres 17 de xaneiro, veu á biblioteca Mar, a mamá de Mariña e Minia. Mar foi antigua alumna do Celso Emilio e achegouse a contar dous contos a infantil e primeiro ciclo de primaria. 

Mar escribiu fermosas palabras no libro de visitas da Bibliosilva.  Estamos moi agradecidos e orgullosos coa participación das familias nestas sesións de contar contos. Son moi motivadoras para o alumnado e axudan a tecer comunidade educativa.

Mil gracias a todos os que xa viñeron e aos que aínda están por vir.

                

sábado, 11 de xaneiro de 2025

 eduCANdo con Malibú

Onte recibimos na biblioteca  a Verónica  da Casa Grande de Xanceda. Trouxo con ela a Malibú, un canciño abandonado, que adoptaron e que vive na Casa Grande.