domingo, 27 de abril de 2025

AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Na semana do libro, tivemos nova sesión de "As familias contan moito". Nesta ocasión foi o turno de Tamara, a mamá de Celtia. Veu acompañada da súa nai Lola e de Mael, o seu fillo pequeno. Mil gracias aos tres. 

                    

mércores, 23 de abril de 2025

DÍA  mundial DO LIBRo

Celebramos por todo o alto o día do libro, data escollida porque  un 23 de abril de 1616 falecía Miguel de Cervantes, o noso escritor universal.

O Concello de Cerceda agasallou con libros a todo o alumnado do centro.


A rapazada de 3º de primaria aproveitou os libros de expurgo da biblioteca para darlle unha nova vida. A intelixencia artística segue dando unha morea de sorpresas.


















venres, 18 de abril de 2025

Libros recén chegadiños á bibliosilva que se están presentado nas respectivas aulas de infantil e primaria.


Cada curso pode disfrutar o seu tempo de ocio na biblioteca


CADERNOS VIAXEIROS

ÁNXELA, MINIA, IVAN, UXÍA

5º/6º INFANTIL

                              

FABIÁN, JULIA, DANI, MANU
2º PRIMARIA
                             


JULIA, TELMO, JOEL, JAIME, KEVIN
3º PRIMARIA
                            


As escritoras Fina Casalderrey e Paula Carballeria estiveron no noso centro e na nosa biblioteca. Na biblio temos unha morea de libros das dúas autoras. 
A rapazada de terceiro de primaria e a súa mestra Lucía aproveitaron para retratarse con elas.


            









sábado, 22 de marzo de 2025

 DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O venres 21 de marzo celebramos o día da poesía con un obradoiro de cantigas. Alumnas e alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria participaron activamente na creación en grupo de cantigas que interpretaron  posteriormente.  

Parece que van polo camiño da regueifa. Aínda se  poden presentar a algún concurso. De seguro que gañan.

            

A rapazada de 5º/6º de infantil, primeiro e terceiro de primaria elaborou poemas dadaístas a partires de palabras recortadas  do xornal e ordeadas ao azar.










martes, 11 de marzo de 2025

 CONTOS CON CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN


Alumnas e alumnos  de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria disfrutaron cos contos, cantigas e trabalinguas que nos contou Celso.

Encantáronnos.







venres, 7 de marzo de 2025

martes, 25 de febreiro de 2025


 As ideas para o noso PDI non paran... 

A rapazada de 1º de primaria e a da aula mixta de 4º/5º de infantil puxeron os seus miolos en acción e presentan o proxecto ENCARARTE,  moi acaído para esta época do entroido. 

               

venres, 21 de febreiro de 2025

 ACOMPAÑAMENTOS LECTORES NA HONRA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o día de Rosalía por todo o alto, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria acompañaron ao alumnado de infantil, primeiro e   segundo  de primaria na lectura de poemas da escritora. Posteriormente os acompañados ilustraron os poemas. 

              

luns, 17 de febreiro de 2025

 CORREO URXENTE 

dende o cpi o cruce

Xa chegaron as cartas de amizade  do CPI O Cruce. Que ilusión recibilas, ler as fermosas palabras que nos escribiron e disfrutar cos marabillosos debuxos.