POESÍA COMPARTIDA
e borboriñada
durante o mes de marzo
polo alumnado de 6º de primaria
para o resto dos compañeiros.
O DÍA DESPOIS DO 8M
Celebramos por todo o alto o Día Internacional da Muller de dous xeitos relacionadas co PDI “luces, cámara, emoción”:
LUCES, CÁMARA, EMOCIÓN NA HORA DE LER
LER E VER: MATILDA
Matilda, do autor Roald Dahl, foi o libro que leu a rapazada de 4º de primaria na Hora de Ler.
Unha vez rematada a lectura, visionaron a película dirixida por Danny DeVito.
A posteriori encheron unha ficha cos datos do libro e da película.
Resultou unha hora de ler moi literaria e cinéfila.