xoves, 13 de febreiro de 2014

LECTURAS APADRIÑADAS

Hoxe celebramos a nosa primeira xornada de " Lecturas apadriñadas". Cada neno/a do 2º e 3º Ciclos foi o "padriño"ou "madriña" dun neno/a de Infantil ou 1º Ciclo. Elexiron un conto e contáronllo ó seu "afillado/a" . Para iso elexiron un lugar dentro do cole para lerlle o conto, comprobando así que calquer sitio é bo para disfrutar dunha boa lectura: o corredor, a biblioteca, o ximnasio, a aula de música...
Esta nova experiencia, coa que pretendíamos achegar ós rapaces á lectura, foi todo un éxito. Tanto os "padriños" como os "afillados" disfrutaron moito, así que esperamos repetir pronto.








Ningún comentario:

Publicar un comentario