luns, 28 de abril de 2014

CONTINUAMOS...

O prometido é débeda! Os nosos nenos e nenas cumpriron coa súa parte e conseguiron poñer o termómetro de cor vermella. Agora tocounos o turno a nós e preparamos a festa.
Para comezar, e sen esquecer que formaba parte da celebración do Día do Libro, o mestre Pepe contounos unha historia moi divertida que trata sobre a amizade : " No quiero verte más". Tivemos tamén a nosa merenda de "chuches" e finalizamos cun divertido karaoke. Pasámolo xenial e esperamos repetir pronto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario