venres, 29 de marzo de 2019

MES DO LIBRO

Non ben remata o mes e Silviña xa nos fixo outra proposta. Ten unhas ideas fantásticas!

O mes de abril estará adicado, como non, ao libro, xa que o día 23 é o Día do Libro.
 Por iso Silviña propúxonos celebrar unha actividade que terá como nome "MERCADILLO SOLIDARIO LIBRO-KILO-LITRO"

Para poder levar a cabo este mercadillo precisamos que os alumnos e demais persoal do centro, así coma os pais que o desexen, donen un o varios libros que xa non van volver a ler e que estén en bo estado. Teredes ata o día 11 de abril para traelos ao colexio. Faremos unha exposición con eles para que todos os poidan ver.

Despois de Semana Santa, montaremos o mercadillo cos libros recompilados. Poderedes mercar o  que máis vos guste. Pero... non precisades cartos! Para poder mercar un libro tedes que traer un kilo-litro dun alimento non perecedoriro. Podedes mercar tantos libros como queirades! Os alimentos recollidos serán doados a Cáritas Ordes.

Animádevos a participar nesta fantástica campaña!

Ningún comentario:

Publicar un comentario