domingo, 21 de abril de 2013

O día 23 de abril  celébrase o día Internacional do Libro. Para conmemorar esta fecha, ó longo da semana (do 22 ó 26 de abril) realizaremos sesións de contacontos.
Seguindo  co noso proxecto de biblioteca deste curso, os alumnos  elaboraron un libro cunha recopilación de contos y lendas do mundo. Cada curso contará ó seus compañeiros do colexio o conto que elexiu para o libro.
Esperamos que vos guste!


xoves, 4 de abril de 2013





Ola de novo:
Nuns días vou a facer unha viaxe moi especial. Vou acompañar a Geli a Etiopía.
Non sei nada deste país. Pódesme axudar a coñecer algo máis del?
Pincha na bandeira e atoparás a tarefa a realizar.

Moitas gracias.

Pronto teredes noticias miñas e de Geli.

Unha aperta

                                                                      Buluchi




domingo, 17 de febreiro de 2013

Ola nenos:
Estas vacacións de Entroido estiven no país máis extenso do mundo, que ocupa todo o Norte de Asia e arredor do 40% de Europa.
Déixovos un conto típico deste país. Teredes que adiviñar o seu nome  e contestar a unhas preguntas sobre o conto. Cando as teñas, dállas a Lucía ou a Geli, e se están ben, polo menos a metade delas, elas daranche a ti outras preguntas para coñecer algo máis deste lugar e conseguir así máis puntos.


Preguntas:
1. En que país estiven?
2. Que quería ter Matrioska?
3- Onde quería Matrioska que estivera o seu bebé?
4. Cantos bonecos había ó final?
5. De todos os bonecos, cantos eran homes?

luns, 28 de xaneiro de 2013

DIA DA PAZ
Achégase o Día da Paz, que se celebrará o 30 de xaneiro. Como a nosa mascota está viaxando polo mundo, centrarémonos este ano na igualdade entre todas as persoas, independientemente do lugar onde vivan e de que razan sexan.
Deixámosvos un relato de Eva María Riber Herráez, contado polos alumnos de 3º de Primaria , que nos explican que, á parte da cor da pel, todos somos iguais.
Na estantería tedes suxerencias doutros libros que podedes atopar na biblioteca e que tamén tratan temas de paz.


venres, 25 de xaneiro de 2013

Queres saber cales son os lectores máis asiduos?
Dende que comezou o curso en setembro ata agora, os 10 lectores máis asiduos da biblioteca foron os seguintes, ordenados de maior a menor:
- Soraya Rodríguez Campos.
- Inés Castro Pombo.
- Iria Martínez Regueiro.
- Samuel Rodríguez Campos.
- Raúl Suárez Pallas.
- Lucía Thule García Becerra.
- Darío García Regueiro.
- Alejandro Iglesias Santos.
- Celia Leis García.
- Laura Cerqueiro Uriz.
NORABOA a todos eles, porque como di Cervantes:
 O QUE LE MOITO E ANDA MOITO, VE MOITO E SABE MOITO

venres, 18 de xaneiro de 2013

GRECIA
Xa temos as respostas no taboleiro. O país no que estivo Buluchi este Nadal foi Grecia, e a súa capital Atenas.
Estas son as respostas ó resto das preguntas.
2- A danza popular é o Sirtaki,aínda que realmente non é unha danza tradicional grega. a danza da que provén chámase Hasapico, Makellaridos ou Naftico.
3- O Kourabíedes son galletas de azucre, a galopoula é pavo recheo, o gourounopoulo psito é cochiño recheo e a vassilopita é unha especie de pan.
4- O encargado de deixar os regalos o 1 de xaneiro é San Basilio.
6- A parte máis alta e centro sagrado das cidades é a Acrópolis.
7- O templo máis importante da Acrópolis é o Partenón.
8- O estadio que acolleu as probas na honra da deusa Athenea é o Panathinaiko.
9-Unha das illas que visitei foi Mikonos.
10- Blog de Relixión:
-  O deis fillo de Zeus é Hércules.
- A relixión dos gregos é a ortodoxa.
- Os representantes da igrexa neste país son os patriarcas.
- O doce do 1 de xaneiro é o Roscón de San Basilio.




xoves, 10 de xaneiro de 2013


Feliz Ano 2013 rapaces:

Xa rematei a miña viaxe de Nadal, e agora quero que vós coñezades o lugar onde estiven. Pero non volo vou a poñer tan fácil!  Primeiro teredes que acertar algunhas preguntas. Seguro que o adiviñades.

1º- A pista é moi fácil, a súa bandeira  .     Que país visitei?

2º- Se aínda non o tedes claro, clica nesta imaxe dunha danza popular deste país. Aínda que din que, realmente, non é orixinaria del, que foi creada para unha película. Sabedes como se chama esta danza?

 3º- Como vos adiantei na última carta, ía pasar o Nadal nun lugar distinto. Alí coñecín tradicións de Nadal distintas ás nosas. Unha ten que ver coa comida. Kourabiédes,galopoula , gourounopoulo psito ou vassilopita  son comidas típicas destas datas. Están deliciosas! Podédesme dicir que é cada unha delas?

4º- O día 25 de Nadal Papá Noel non deixa regalos. O encargado de facelo é outra persoa o día 1 de xaneiro. Sabedes como se chama?

5º-  Visitei a capital deste país. Cal é?

6º- A parte máis alta e centro sagrado das cidades deste país ten un nome. A máis coñecida é a da capital. Alí hai templos dedicados ós deuses. Sabes que nome lle dan a esta parte máis alta?
 7º- O templo máis importante relacionado coa pregunta anterior, é o da deusa Athenea Parthenos. Que nome recibe?

8º- No século IV a.C. construiuse un estadio para acoller as probas de atletismo na honra da deusa Atenea. No 1896 reconstruiuse con motivo da celebración dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna. Como se chama este estadio?

9º- Aínda que a capital é moi bonita e visitei moitos sitios interesantes, tamén viaxei polo resto do país. Incluso estiven en illas que forman parte del. Unha delas pertence ó arquipélago das illas Cícladas, localizadas no mar Exeo. Pódese dicir que é unha das illas máis turísticas. Os seus pobos son moi pintorescos. Cal é o nome desta illa?

10º- No Blog de Relixión tedes máis preguntas.

 γειά

Buluchi           

xoves, 20 de decembro de 2012

 


Ler un libro enriquece o noso vocabulario, axúdanos a aprender sobre cousas da vida, axúdanos a redactar tarefas, é coñecer mundos novos, é divertirse... 
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

Fonte: Blog: Libros compartidos

sábado, 15 de decembro de 2012

ITALIA
Nesta última viaxe antes de Nadal, Buluchi visitou ITALIA. Como fai sempre cando vai de viaxe, mandounos unhas bonitas fotos, e con elas as respostas ás preguntas, que son as seguintes:

2- A moeda é o euro.
3- A capital de Italia é Roma. Alí visitou o Coliseum e a Fontana di Trevi.
4- A cidade rodeada de canles é Venecia. A praza chámase Praza de San Marcos. O canal máis grande é o Gran Canal, e pódese navegar por el en góndola.
5- A cidade coa torre inclinada é Pisa (nome que tamén recibe a torre)
6- A cidade que ten unha ponte con tendas de xoieiros é Florencia. A ponte chámase Ponte Vechhio. Na Galería de Academia podese ver o "David " do famoso escultor, pintor, arquitecto e poeta Miguel Anxo.
7- Buluchi tamén estivo na Cidade do Vaticano. Visitou a Basílica de San Pedro. Dentro está soterrado o Papa Xoán Pablo II. Tamén podemos visitar dentro dela a Capela Sixtina, pintada tamén por Miguel Anxo. ´
Por último Buluchi visitou a cidade de Asís.




martes, 4 de decembro de 2012



Ola rapaces:

Outra vez me poño en contacto con vós para ensinarvos o páis que acabo de visitar. É un país fantástico, que ten lugares preciosos e onde a xente é marabillosa.
Estiven en varias cidades deste país, e non sabería dicir cal delas me gustou máis.

Déixovos unhas pistas a ver se acertades as distintas preguntas.

Primeiro tes que adiviñar que país visitei. Para iso douche de pista a súa silueta e a súa bandeira.




    
       1-      Que país visitei?
2-      Pódesme dicir cal é a súa moeda?
3-      A primeira cidade na que estiven foi a súa capital. Cal é?

a.       Na capital visitei o monumento que tedes na imaxe .
Foi escenario de películas como Ben-Hur e Gladiator. Como se chama?

b.      Hai unha fonte espectacular! Serviu de escenario á película A Dolce Vita. Pódesme dicir o nome?

4-      A seguinte cidade que visitei está rodeada de canles por todas partes. Que cidade é?

a.       Nesta cidade hai unha praza moi importante, o corazón da cidade! Está chea de pombas! Cal é o seu nome?

b.      De todas as canles que ten a cidade, unha é a máis grande. Que nome recibe?

c.       Pódesme dicir o nome do bote tradicional desta cidade? Pincha AQUÍ e terás información. 

5-      Despois dun paseo no bote tradicional da cidade anterior, marchei para outra cidade onde hai outra famosa torre inclinada. Sabes cómo se chama esta cidade que tamén lle da nome á torre?

6-      Por último fixen outra parada nunha cidade moi fermosa. Nesta cidade hai unha ponte moi coñecida que está chea de tendas de xoieiros. É un dos símbolos máis coñecidos desta cidade.
      
        Tamén foi escenario da famosa película "A vida é bela".
        Carlo Collodi, o escritor de "Pinocho", naceu nesta cidade.
        Como se chama esta cidade?
         E a ponte?

a.       Na famosa Galería da Academia temos unha escultura moi coñecida: O David.
       Pódesme dicir que escultor famoso  a fixo?
           



7-      No Blog de Relixión tamén tedes preguntas. Se as contestades correctamente acadaredes máis puntos.

Espero que disfrutedes descubrindo este apaixoante país.
Xa vos mandarei as fotos.

Despídome ata despois de Nadal. Pasade unhas boas vacacións e á volta mandareivos outra carta dende o lugar onde pasei as festas.
Unha aperta

BULUCHI